O ALEVÍN MASCULINO "A" DO SEIS DO NADAL 3º CLASIFICADO DA LIGA FGB ALEVÍN MASCULINA 2010/2011

.

ALEVÍN MASCULINO "A"

.

3º CLASIFICADO LIGA FGB 2010/2011

.

O equipo Alevín Masculino "A", Seis do Nadal "A", do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Carlos Rodríguez, Nicolás Paz e Pablo García, conseguiu a terceira posición da Liga FGB Alevín Masculina da presente tempada 2010/2011, tras disputar a Fase Final o pasado sábado día 4 de xuño do 2011 no Pavillón Lorenzo la Torre en Santiago de Compostela.

.

O primeiro dos partidos que xogou o Alevín Masculino "A" en Santiago de Compostela foi a semifinal ás 10:00 horas da mañá ante o Maristas Lugo, partido no que a igualdade entre ambos equipos estivo presente ata o final do mesmo, sendo o combinado lucense o que conseguiu separarse no marcador nas últimas accións e conseguir así a vitoria (56-49).

.

Na xornada de tarde o equipo do Seis do Nadal disputou o partido polo 3º e 4º posto ante o grupo Vales Villamarín de A Coruña. Cunha boa dinámica de acerto nas accións de ataque e gran intensidade defensiva o Alevín Masculino "A" remataba a primeira parte cunha importante vantaxe no marcador. Na segunda metade do encontro o equipo de A Coruña intentaba alcanzar ao seu rival no marcador pero o combinado de Coia defendeu a súa vantaxe, conseguiu a vitoria cun 81 a 76 e se proclamou terceiro clasificado da Liga FGB Alevín Masculina.

.

O equipo Alevín Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia conseguiu o terceiro posto da Liga FGB Alevín Masculina, competición de ámbito autonómico que arrancaou con dezaseis conxuntos dos cales catro disputaron a Fase Final en Santiago de Compostela:

.

- C.B. TUI

2º- MARISTAS LUGO

3º- SEIS DO NADAL

4º- VALES VILLAMARÍN

.

..

..