jueves, 5 de mayo de 2011

OS EQUIPOS ALEVÍNS "A" DO SEIS DO NADAL - COIA XOGARÁN AS LIGAS FGB DE MINIBÁSQUET 2010/2011

(O Alevín Feminino, campión da Liga Zonal, xogará a Liga FGB Mini)

.

(O Alevín Masculino, 3º clasificado zonal, participará na Liga FGB Mini)

.

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participará nas Ligas FGB Autonómicas de Minibásquet 2010/2011 na categoría feminina e na masculina. Na competición feminina participará o Alevín Feminino "A", Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, campión da Liga Zonal; competindo en categoría masculina o Alevín Masculino "A", Seis do Nadal "A", terceiro clasificado da Liga Zonal DVB.

.

As Ligas FGB Autonómicas de Minibásquet 2010/11 estarán conformadas por un total de 32 equipos, 16 en cada categoría (masculina e feminina) e que están distribuídos en grupos de catro equipos cada un para disputar unha liga regular, a dobre volta, que posteriormente dará paso aos curces clasificatorios para a Fase Final.

.

O Alevín Feminino "A", Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, adestrado por Aalí Mohamed e Silvia Caíño, estará encadrado no Grupo "C" da competición autonómica xunto a Cortegada "A" (Vilagarcía de Arousa), o Xuven (Cambados) e Allariz. O calendario de xogo desta primeira fase será o seguinte:

.

.

O equipo Alevín Masculino "A", Seis do Nadal "A", dirixido por Carlos Rodríguez, Nicolás Paz e Pablo García, estará encadrado no Grupo "C" da competición xunto a Meco "A" (O Grove), Salesianos COB 99 (Ourense) e EDO Practicas 99 (Ourense). O calendario de xogo desta primeira fase é:

.

.

Por primeira vez, o campión autonómico alevín de cada categoría coñecerase tras unha competición en formato liga galega, cos seus respectivos cruces clasificatorios e Fase Final. As datas nas que se xogará a fase regular, nun mes de maio completo de competición, cubrirán as fins de semana do 7 e 8, 14 e 15 e 21 e 22 de maio.

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia é o único club da Delegación Viguesa de Baloncesto que participará nas dúas categorías da Liga FGB 10/11 de Minibásquet, con equipo na categoría masculina e na feminina.