viernes, 6 de mayo de 2011

PRIMEIRA CONCENTRACIÓN PARA AS PRESELECCIÓNS GALEGAS INFANTÍS E CADETES 2011/2012

.

A Federación Galega de Baloncesto inaugura esta fin de semana un novo ciclo no apartado de Seleccións Galegas de cara a vindeira tempada 2011/2012.

.

Rematado o período de traballo coa categoría de minibásquet, na que ambas seleccións galegas acadaron no Campionato de España un destacado sexto posto en feminino e a décima clasificación en masculino, retómase de nova toda a atención sobre o apartado infantil e cadete.

.

A área deportiva da Federación Galega de Baloncesto realizará nesta semana a primeira das convocatorias para as novas preseleccións galegas infantís e cadetes, chamadas a reunirse o próximo domingo 8 de maio no Pavillón Manuel Coto Ferreiro de A Estrada.

.

Os xogadores e xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia que foron convocados para a primeira concentración son:

.

PRESELECCIÓN CADETE MASCULINA

.

.

Os xogadores do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que foron convocados en categoría cadete masculina foron Adrián Covelo, José Paz e David Gómez, xogadores do Cadete Masculino "C", Seis do Nadal SD Navia, adestrados e dirixidos por Sergio González e Alicia Álvarez.

.

O adestramento desta categoría comezará ás 18:30 horas no Pavillón Manuel Coto Ferreiro e se estenderá ata as 20:15, sendo recibidos os xogadores ás 18:15 horas.

.

PRESELECCIÓN CADETE FEMININA

.

.

As xogadores de categoría cadete feminina do club que foron convocadas nesta primeira concentración foron Sara Araújo, Sara Fernández e Irea González, xogadoras do Cadete Feminino, Seis do Nadal - Coia, adestradas e dirixidas por Jorge Martínez, Pablo Sánchez e Ignacio Sánchez.

.

O adestramento desta categoría comezará ás 12:00 horas no Pavillón Manuel Coto Ferreiro e se estenderá ata as 13:45, sendo recibidos as xogadoras ás 11:45 horas no pavillón.

.

PRESELECCIÓN INFANTIL MASCULINA

.

.

Os xogadores do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que foron convocados en categoría infantil masculina foron Borja Astray, xogador do Infantil Masculino "A", Seis do Nadal "A", adestrado por Carlos Rodríguez e Felipe Feijoo; e Adrián Costas e Xabier Portas, integrantes do Infantil Masculino "C", Seis do Nadal Illas Cíes, adestrados por Albert Tomas e Silvia Caíño.

.

O adestramento desta categoría comezará ás 16:30 horas no Pavillón Manuel Coto Ferreiro e se estenderá ata as 18:15, sendo recibidos os xogadores ás 16:15 horas.

.

PRESELECCIÓN INFANTIL FEMININA

.

.

As xogadores do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que foron convocadas en categoría infantil feminina foron Maite Dubois, Alicia Muñoz e Mª Carmen Rodríguez, xogadoras do Infantil Feminino "A", Seis do Nadal "A", adestradas por Óscar Belmonte e Vinca Rolán.

.

O adestramento desta categoría comezará ás 10:00 horas no Pavillón Manuel Coto Ferreiro e se estenderá ata as 11:45, sendo recibidas as xogadoras ás 9:45 horas no pavillón.