¡GRAZAS A TODOS E TODAS!
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizou no pasado mes de abril, nas vacacións de Semana Santa, os seus torneos internacionais "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" de categoría cadete de e categoría infantil. Ademais os pasados días 30 de abril e 1 de maio do 2011 organizou o 11º Torneo Internacional Novacaixagalicia de Minibásquet.
.
O C.Bc. Seis do Nadal - Coia quere agradecer a colaboración de tódalas persoas que durante os tres torneos fixeron que a organización e a propia actividade fosen todo un éxito.
.
Agradecer aos directivos/as do noso club toda su dedicación, agradecer aos adestradores e ás adestradoras do club a súa colaboración como oficiais de mesa en cada un dos partidos e no propio desenvolvemento dos tres torneos, agradecer aos deportistas federados do club o seu apoio ao longo de todo o torneo, agradecer aos pais e nais dos xogadores e xogadoras todo o seu esforzo para conseguir que ano tras ano os torneos que organiza o noso club acaden o prestixio e importancia co que contan a día de hoxe.
.
¡GRAZAS A TODOS E TODAS!