jueves, 28 de abril de 2011

O MECO O GROVE CAMPIÓN DO TORNEO INTERNACIONAL INFANTIL 2011 SERIE CELSO E. FERREIRO

(O equipo de O Meco co seu trofeo de campións da edición 2011)

.

O equipo O Meco (O Grove) proclamouse campión da terceira xornada do 3º Torneo Internacional Infantil 2011 "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

.

Nesta terceira xornada, celebrada o pasado domingo día 24 de abril do 2011 nas pistas do Pavillón Municipal de Balaídos, participaron os equipos de categoría Infantil Masculina Serie "Celso Emilio Ferreiro".

.

Os dous conxuntos que competiron nesta intensa e competida xornada xunto ao equipo campión O Meco (O Grove) foron o Seis do Nadal Celso E. Ferreiro e o Canteiras (O Porriño).

.

.

.

RESULTADOS

.

- SEIS DO NADAL CELSO E.F. 53 Vs CANTEIRAS "B" 56

- CANTEIRAS "B" 40 Vs O MECO O GROVE 78

- SEIS DO NADAL CELSO E.F. 30 Vs O MECO 81

.

CLASIFICACIÓN

.

1º- O MECO O GROVE (O Grove)

2º- CAN TEIRAS "B" (O Porriño)

3º- SEIS DO NADAL CELSO EMILIO FERREIRO (Vigo)

.

.

.

No acto de clausura e na entrega de premios desta xornada de categoría Masculina Serie "Celso Emilio Ferreiro" do Torneo Internacional Infantil 2011 estiveron presentes Xabier Alonso, Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo; así como Alberte Zato, Vicepresidente da Federación Galega de Baloncesto; Mar Lago, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal; Aalí Mohamed, Presidente de Honra do club; Francisca García, Concepción Martíns e Adrián Sabido, todos membros da Xunta Directiva do club vigués; e Alicia Álvarez e Silvia Caíño en represetación dos técnicos do Club Baloncesto Seis do Nadal.