jueves, 28 de abril de 2011

O ARXIL "B" CAMPIÓN DO 3º TORNEO INTERNACIONAL INFANTIL 2011 SERIE FEMININA "SEIS DO NADAL"

(As xogadoras do Arxil "B" campioas do torneo infantil feminino)

.

O Arxil "B" (Pontevedra) proclamouse campión da segunda xornada do 3º Torneo Internacional Infantil 2011 "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

.

Esta segunda xornada, quenda da categoría infantil feminina serie "Seis do Nadal), celebrouse o pasado sábado día 23 de abril do 2011 nas pistas do Pavillón Municipal de Balaídos de xeito paralelo ao 4º Torneo Internacional Cadete.

.

Ademáis do equipo anfitrión, o Seis do Nadal "B" (Vigo), tamén participaron no torneo o Arxil "B" (Pontevedra), equipo campión da xornada; e o Marín Peixegalego (Marín).

.

.

.

RESULTADOS

.

- SEIS DO NADAL "B" 32 Vs ARXIL "B" 65

- ARXIL "B" 38 Vs MARÍN PEIXEGALEGO 29

- SEIS DO NADAL "B" 40 Vs MARÍN PEIXEGALEGO 51

.

CLASIFICACIÓN

.

1º- ARXIL "B" (Pontevedra)

2º- MARÍN PEIXEGALEGO (Marín)

3º- SEIS DO NADAL "B" (Vigo)

.

.

.

No acto de clausura e na entrega de premios desta xornada de categoría Infantil Feminina serie "Seis do Nadal " do Torneo Internacional Infantil 2011 estivo presente Mar Lago, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal; Aalí Mohamed, Presidente de honra da entidade; Francisca García, Concepción Martíns e Adrián Sabido, membros da Xunta Directiva do club; Sergio González, Director Deportivo da entidade; e Diego Montenegro, Beatriz Vaquero e Ignacio Sánchez en represetación dos adestradores e adestradoras do Seis do Nadal - Coia.