jueves, 28 de abril de 2011

O EDUARDO BLANCO AMOR CAMPIÓN DA SERIE "ILLAS CÍES" DO 3º TORNEO INTERNACIONAL INFANTIL 2011

(O Eduardo Blanco Amor campión da Serie "Illas Cíes" do torneo infantil)

.

O Eduardo Blanco Amor (Ourense) proclamouse campión da primeira xornada do 3º Torneo Internacional Infantil 2011 "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" organizado polo club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e que tivo lugar o pasado venres 22 de abril do 2011 no Pavillón Municipal de Balaídos.

.

Na serie infantil masculina "Illas Cíes" participaron o Seis do Nadal "Illas Cíes" (Vigo), o G.D.G. Basquetebol (Gafanha) e o equipo ourensán Eduardo Blanco Amor, conxunto campión da xornada correspondente ao 3º Torneo Internacional Infantil.

.

.

.

RESULTADOS

.

- SEIS DO NADAL "ILLAS CÍES" 19 Vs E. BLANCO AMOR 79

- E. BLANCO AMOR 86 Vs G.D.B. GAFANHA 29

- SEIS DO NADAL "ILLAS CÍES" 57 Vs G.D.B. GAFANHA 51

.

CLASIFICACIÓN

.

1º- EDUARDO BLANCO AMOR (Ourense)

2º- SEIS DO NADAL "ILLAS CÍES" (Vigo)

3º- G.D.G. BASQUETEBOL (Gafanha)

.

.

.

No acto de clausura e na entrega de premios desta xornada de categoría Masculina Serie "Illas Cíes" do Torneo Internacional Infantil 2011 estiveron presentes Mar Lago, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal; Francisca García, Concepción Martíns e Adrián Sabido, membros da Xunta Directiva do club; Sergio González, Director Deportivo da entidade; e Jorge Martínez e Breixo Solla en represetación dos adestradores e adestradoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.