jueves, 28 de abril de 2011

O MINIBÁSQUET SALTA Á PISTA ESTA FIN DE SEMANA CO 11º TORNEO INTERNACIONAL DO SEIS DO NADAL

(Na imaxe Jorge Santos, Xabier Alonso, Julio Rodríguez e Sergio González, presentando o 11º Torneo Internacional Novacaixagalicia de Minibásquet)

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organiza esta fin de semana o xa XI Torneo Internacional Novacaixagalicia de Minibásquet 2011. Os días 30 de abril e 1 de maio son as datas elixidas para este torneo de referencia.

.

Porque o campionato é un dos torneos con maior tradición e prestixio da comunidade galega, cumpre xa a súa undécima edición e reunirá ás mellores canteiras de baloncesto de Vigo, de Galicia e de Portugal, reunindo a máis de 400 deportistas e preto de 40 adestradores e adestradoras.

.

Nesta nova edición o torneo terá como marco dos encontros, a Polideportiva de Balaídos, contando cun total de catro pistas nas que se xogarán 42 partidos ao longo das dúas xornadas. Serán 24 equipos os que participarán na competición, a metade deles en categoría masculina e a outra en feminina. Elas competirán o sábado 30 de abril; os outros doce xogan a categoría masculina e terán o seu torno de xogo o domingo.

.

Os clubs que participarán no torneo con dous conxuntos un masculino e outro feminino, son o anfitrión Seis do Nadal, con dous combinados en cada categoría, o Porriño Baloncesto Base, o Básquet Coruña e o Grupo Desportivo da Gafanha (Portugal). Completarán o cartel feminino o Maristas Celta (Vigo), Compañía de María (Vigo), Arxil (Pontevedra), R.C. Celta (Vigo), Pío XII (Santiago de Compostela), Cortegada (Vilagarcía de Arousa) e Carmelitas (Ourense). Os equipos do Colexio Salesianos (Vigo), C.B. Tui (Tui), Compañía de María (Santiago de Compostela), Marín Peixegalego, O Meco (O Grove), BBC (Vilagarcía de Arousa) e o FC Porto (Oporto) completarán o cadro masculino.

.

Os doce equipos que participarán nesta nova edición en cada categoría buscarán revalidar os títulos que posúen o Marista Celta e o C.B. Ferrol, campións feminino e masculino da pasada edición celebrada xa fai un ano. Ademais, dos 24 equipos participantes no torneo, 15 xogarán a nova Liga FGB de Minibásquet que comezará a fin de semana do 7 e 8 de maio, polo que será unha importante cita de preparación de cara á competición autonómica.

.

O 11º Torneo Internacional Novacaixagalicia de Minibásquet conta co apoio de Novacaixagalicia, a Concellería de Deportes do Concello de Vigo, o Instituto Municipal dos Deportes, a Fundación VIDE, a Secretaría Xeral para o Deporte así como a Federación Galega de Baloncesto. Ademais tamén conta coa colaboración de Coca-Cola e Alcampo.

.

O pasado mércores día 27 de abril do 2011, o concelleiro de Deportes e presidente da Fundación VIDE, Xabier Alonso; Jorge Santos, director de Infancia, Xuventude e Deportes de Novacaixagalicia; Julio Rodríguez, directivo do Seis do Nadal; e Sergio González, director deportivo do club, presentaron e promocionaron o torneo.

.

Xabier Alonso, concelleiro de Deportes, estima que "os torneos internacionais do Seis do Nadal son unha excelente pedra de toque para os equipos da cidade a fin de medir o seu nivel con outros rivais".