.
ALEVÍN FEMININO "B"
.
4º CLASIFICADO LIGA ZONAL DVB 2010/11
.
O Alevín Feminino "B", Seis do Nadal SD Navia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Vinca Rolán, rematou na cuarta posición a Liga Zonal DVB Alevín Feminina da presente tempada 2010/2011.
.
O cruce polo 3º e 4º posto enfrontou ao Seis do Nadal "B" e ao Canteiras "A", equipos que non superaron nas semifinais ao Seis do Nadal "A" e ao Maristas Celta respectivamente. No partido de ida o equipo da vila de O Porriño conseguía unha importante vitoria por 61-37, xogando o partido de volta no Seis do Nadal cos deberes xa feitos pero cun Seis do Nadal "B" que traballou moi duro e que foi de menos a máis ao longo de toda a tempada, conseguindo o premio de xogar as semifinais da competición.
..
Ao final do encontro de volta, D. Alberte Zato, Presidente da Delegación Viguesa e Vicepresidente da Federación Galega de Baloncesto; xunto a Mar Lago, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, entregaron os trofeos e as medallas aos conxuntos clasificados na terceira e na cuarta posición da competición zonal alevín feminina.
..
..