.
CADETE MASCULINO "C"
.
CAMPIÓN LIGA ZONAL DVB 2010/2011
.
O Cadete Masculino "C", Seis do Nadal SD Navia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Sergio González e Alicia Álvarez, proclamouse campión da Liga Zonal DVB da presente tempada 2010/2011.
.
A final do Campionato Zonal enfrontou ao Seis do Nadal SD Navia e ao Salesianos, equipos que superaron nos cruces de semifinais ao Compañía de María e ao grupo Canteiras "B" respectivamente. O equipo do Seis do Nadal conseguiu levarse a vitoria nos dous partidos da final ante o Salesianos. O partido de ida xogado no Colexio Salesianos rematou cun 45-88 a favor do equipo de Coia, gañando de novo por 61-37 no partido de volta no Colexio Seis do Nadal.
.
Ademais de proclamarse campión do Campionato Zonal DVB 2010/2011 o conxunto do Seis do Nadal participará na Copa FGB xunto aos equipos campións zonais de cada delegación así como o subcampión da fase zonal á que pertence o equipo campión da Copa FGB da tempada 2009/2010. Ao final do mesmo D. Alberte Zato, Presidente da Delegación Viguesa de Baloncesto e Vicepresidente da Federación Galega; xunto a Mar Lago, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, entregaron os trofeos e as medallas aos equipos campión e subcampión da competición.
..
..
..