domingo, 10 de abril de 2011

O CONXUNTO JÚNIOR FEMININO DO CLUB 4º CLASIFICADO DA LIGA INTERZONAL JÚNIOR FEMININA 10/11

.

JÚNIOR FEMININO

.

4º CLASIFICADO LIGA INTERZONAL 2010/11

.

O equipo Júnior Feminino, Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, dirixido por Francisco Javier García, rematou a Liga Interzonal FGB Júnior Feminina da presente tempada 2010/2011 na cuarta posición.

.

O cruce polo terceiro e cuarto posto foi disputado polo Seis do Nadal - Coia e polo Eduardo Blanco Amor (Ourense), equipos que non superaron o cruce de semifinais ante o Airexa Nigrán e o Maristas Celta respectivamente. O partido de ida xogada na pista ourensá rematou con vitoria para o equipo local cun marcador de 62-52. A vitoria conseguida en Vigo no partido de volta polo Seis do Nadal (54-47), non foi suficiente para superar os dez puntos de diferenza.

.

Ao final do encontro de volta, D. Alberte Zato, Presidente da Delegación Viguesa de Baloncesto así como Vicepresidente da Federación Galega de Baloncesto, entregou os trofeos e as medallas aos equipos clasificados na terceira e na cuarta posición da competición.

..

..