miércoles, 23 de marzo de 2011

O SÉNIOR MASCULINO ZONAL XOGARÁ A VOLTA DA SEMIFINAL DA LIGA, ÚLTIMO PASO PARA O ASCENSO

(Tempo morto do partido de ida da semifinal ante Salesianos)

.

Oito puntos de diferenza son os puntos que conseguiu o Sénior Masculino Zonal, Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, no partido de ida das semifinais da Fase de Ascenso á Liga Zonal DVB División "A" disputado o pasado sábado 19 de marzo no Colexio Seis do Nadal.

.

O partido de ida disputado na pista de Coia comezou cunha gran intesidade por parte dos dous equipos nun intercambio de canastras que non deixaba alonxarse a ningún dos dous conxuntos. Un intento do equipo "nadalista" de conseguir a primeira vantaxe importante antes do descanso, foi disminuída cunha serie de accións positivas dos xogadores do equipo de Salesianos, deixando no descanso un empate.

.

(Salto incial do partido de ida das semifinais ante Salesianos)

.

A segunda metade do encontro continuou amosando unha gran igualdade entre ambos conxuntos reflexada na igualdade no electrónico. Entrado o cuarto período do encontro, aínda estaba todo por decidir sen ningunha sinal que indicase o posible vencedor. Foi a partir da metade do último período cando o equipo Seis do Nadal - Coia abría unha nova diferenza, reforzada pola expulsión de dous xogadores importantes do equipo visitante.

.

Coa intención de tódolos integrantes do Seis do Nadal de aumentar a diferenza o máximo posible para afrontar con comodidade o partido de volta, o partido rematou cun resultado final de 57 a 49, conseguindo oito puntos de marxe e unha gran sensación de traballo en grupo e de intensidade na pista.

.

(Os xogadores do Seis do Nadal loitando polo rebote na semifinal da Liga)

.

O encontro de volta do cruce que se xogará na pista do Col. Salesianos descubrirá tanto o primeiro equipo finalista da competición, así como o equipo que ascenderá á División "A" da Liga Zonal Sénior Masculina para a tempada próxima 2011/2012. O resto de resultados do cadro de semifinais foron os seguintes:

.