(Imaxe do partido ante o Marín Peixegalego no coliseo de Navia)
.
O Sénior Masculino Autonómico, Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, conseguiu unha nova vitoria ante La Salle (Santiago de Compostela) no partido que foi disputado no Colexio La Salle correspondente á decimo novena xornada da Liga FGB Sénior Masculina 2010/2011.
.
O equipo Sénior Masculino Autonómico do club sumou unha importante vitoria de cara a manterse nos postos altos da clasificación na visita a domicilio da pasada fin de semana. O partido disputado no Colexio La Salle rematou cun marcador 70-77 a favor do Seis do Nadal - Coia, resultado que sumado á derrota encaixada polo Marín Peixegalego ante o Universitario Campus Ourense, situa ao conxunto adestrado por César Álvarez na cuarta posición da táboa co mesmo número de vitorias e derrotas que o conxunto da vila de Marín.
..
.
O próximo encontro que xogará o Seis do Nadal - Coia será ante Vinacoteca Lembranza Liceo Casino (Vilagarcía), equipo clasificado na quinta posición da competición cun balance de dez vitorias e nove derrotas, e actual perseguidor do nos conxunto na clasificación. O encontro será disputado o próximo sábado 26 de marzo do 2011 ás 20:00 horas no Pavillón de Navia (Vigo).
.
O partido que se disputará no polideportivo de Navia, a falta de dúas xornadas máis, pode asegurar, de conseguir unha nova vitoria, a cuarta posición na clasificación final da Liga FGB Sénior Masculina 2010/2011 ou incluso a opción de asaltar os tres primeiros postos da táboa se o Marín Peixegalego non consegue sumar unha nova vitoria na pista do Cruz Alta.
.
A clasificación do Grupo Sur da Liga FGB Sénior Masculina despois da décimo novena xornada, onde o noso conxunto ocupa á cuarta posición co mesmo número de vitorias e derrotas que o terceiro clasificado, Marín Peixegalego, é:
.