miércoles, 23 de marzo de 2011

O SÉNIOR FEMININO XOGARÁ O CRUCE POLO 15º E 16º POSTO DA LIGA INTERZONAL SÉNIOR FEMININA

.

O equipo Sénior Feminino, Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Francisco Javier García, xogará o cruce polo 15º e 16º posto da Liga Interzonal Sénior Feminina despois de rematar a fase da liga regular na oitava posición do Grupo Sur.

.

O combinado Sénior Feminino rematou na oitava posición despois de dezaoito partidos disputados dos que conseguiu un balance total de cinco partidos gañados e trece derrotas encaixadas. A clasificación final do Grupo Sur da liga regular foi a seguinte:

.

.

O cruce polo 15º e 16º posto será ante o Compañía de María (A Coruña), oitavo clasificado da liga regular do Grupo Norte cun balance de seis vitorias e doce derrotas. O partido de ida do cruce terá lugar o próxima sábado 26 de marzo no Colexio Seis do Nadal, xogándose o partido de volta en A Coruña a fin de semana dos días 2 e 3 de abril.