miércoles, 23 de marzo de 2011

O C.BC. SEIS DO NADAL - COIA PRESENTE NA RADIOGRAFÍA DO BALONCESTO NACIONAL ACTUAL

.

Na última edición da revista "Tiro Adicional" (número 7) publicada no mes de marzo pola Federación Española de Baloncesto aparece un artigo baixo o título "Radiografía do baloncesto español actual" elaborado por Miguel Panadés e Anna Junyer.

.

Ao longo do artigo publican diversas clasificacións sobre a actualidade do baloncesto español. No ránking de clubs, tendo en conta os cinco últimos Campionatos de España, aparece o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia (Vigo). A participación na pasada campaña 2009/2010 do equipo Infantil Masculino do Seis do Nadal no Campionato de España Infantil Masculino celebrado en Vegadeo (Asturias) lanza ao noso club aos listados do baloncesto actual en canto a resultados.

.

Destacando polo seu traballo no baloncesto de formación, o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia ademais de recibir recoñecementos polo seu traballo cos máis pequenos desde xa fai máis de vintecinco anos de historia, tamén é recoñecido no panorama do baloncesto nacional polos resultados obtidos nos últimos anos.