miércoles, 2 de marzo de 2011

NOVO CURSO ONLINE DE INICIACIÓN PARA ÁRBITROS E OFICIAIS PROMOVIDO POLO COMITÉ GALEGO

.

O Comité Galego de Árbitros pon en marcha neste mes de marzo un novo curso de iniciación online para colexiados e oficiais de mesa que se desenvolverá a través da rede, aproveitando as opcións que as novas tecnoloxías aportan a este tipo de procesos formativos.

.

A actividade en cuestión, segunda actividade online no que vai de tempada, estenderase entre os días 10 e 31 de marzo, e a inscrición no mesmo será completamente de balde, para aumentar así as posibilidades de participar dos interesados.

.

Aulas teóricas e prácticas.

.

Este Curso On Line está orientado tanto a colexiados como a oficiais de mesa, establecendo as horas lectivas precisas para cada un deles en 20 e 6 horas, respectivamente. Así mesmo, estipúlanse tres requisitos para a obtención final do título: a realización total destas horas, a validación das clases a través da rede e a materializacíon, como mínimo, de 30 partidos para superar a parte práctica do curso.

.

Todas estas cuestións, así como unha explicación máis polo miúdo do desenvolvemento do Curso (material teórico, probas de seguimento, horarios concretos) poden ser conusltadas no dossier explicativo do Curso ou pulsando aquí.

.

De igual xeito, a disposición de todos os interesados atópase o formulario de inscrición preciso para matricularse neste Curso, documento que é necesario enviar cuberto antes da data de inicio do mesmo (10 de marzo) ao seguinte enderezo electrónico tecnicoarbitros@fegaba.com.