lunes, 28 de febrero de 2011

O NÚMERO 29.561 PREMIADO COA VIAXE AO CARIBE PARA 2 PERSOAS SORTEADO POLA FUNDACIÓN VIDE

(Xabier Alonso, presidente da Fundación Vide, durante o sorteo)

.

O boleto número 29.561, vendido polo club Arenas La Base, do programa Siareiros Base, resultou gañador da viaxe ao Caribe para dúas persoas durante unha semana, tras producirse o sorteo o pasado xoves 24 de febreiro do 2011.

.

O presidente da Fundación Vide, Xabier Alonso, así como a responsable de zona Galicia Sur de Eroski Viaxes, Belén Suárez, patrocinador desta iniciativa, foron os encargados de extraer o boleto premiado, en primeiro lugar, e cinco reservas no caso de que o posuidor do número gañador non apareza, renuncie ao premio ou non cumpra os requisitos establecidos nas bases do sorteo.

.

A relación de números de reserva do sorteo no que o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia do programa Siareiros Base tamén colaborou, segundo orde de extracción, é esta:

.

1º reserva: 33.987 (boleto vendido polo Arenas de Alcabre)

2º reserva: 40.151 (boleto vendido polo Arenas La Base)

3º reserva: 34.608 (boleto vendido Bádminton Rachaplumas)

4º reserva 18.604 (boleto vendido polo El Olivo)

5º reserva: 25.423 (boleto vendido polo Coruxo FC)