.
Un ano máis, da man da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, chega a oportunidade de desfrutar do Clínic Internacional Lugo é Basket - Hierros Ferreiro, cita tradicional xa do Baloncesto Galego no apartado de formación para adestradores.
.
Celebrando xa a súa sétima edición, e contando co apoio da Federación Galega de Baloncesto, grazas ao cartel deste ano visitarán entre os días 7 e 8 de marzo o Pazo Provincial dos Deportes: Aíto García Reneses, Óscar Quintana e Sito Alonso.
Os tres convidados de excepción darán forma a un programa que se estenderá duranto dous días e que tratará, como temas centrais, o ataque (Sito Alonso), o ataque contra zona (Óscar Quintana), as defensas especiais (Aíto García Reneses) e a formación do contraataque (Óscar Quintana).
.
.
Inscrición aberta
A inscricíon ordinaria no clínic, que aínda segue aberta, ten un custo de 40 euros por participación ou de 70 euros se vai engadido o aloxamento, a cea do luns e o xantar do martes. Así mesmo, existe a posibilidade de consultar a xestións de prezos especiais para grupos. Os datos precisos para levar a cabo este proceso, así como a documentación concreta a tramitar para participar poden consultarse nos documentos que se achegan xunto a esta información.
.