miércoles, 2 de marzo de 2011

ABERTO O PERÍODO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO DE ADESTRADOR SUPERIOR A CURSAR EN ZARAGOZA

.

A Federación Española de Baloncesto, en colaboración coa Federación Aragonesa de Baloncesto, convoca o XXXV Curso de Adestrador Superior. Este curso ten un carácter federativo. Non entanto, levarán a cabo os trámites pertinentes tanto no CSD, coma co seu Goberno Autonómico correspondente para intentar obter a aprobación administrativa, e neste suposto, poder optar ás validacións, ás equivalencias profesionais e á homologación das Titualacións Académicas que correspondan.

.

O ámbito do Curso é nacional cunha carga lectiva total de 750 horas. A carga lectiva axústase ao que é establecido no Real Decreto 1363/2007, de 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral dos ensinos deportivos de réxime especial, e concretado no Real Decreto 234/2005, do 4 de marzo, polo que se establecen os títulos de Técnico Deportivo e Técnico Deportivo Superior en Baloncesto. Desde a FEB, a Escola Nacional de Adestradores agrupou todas as áreas, definidas no currículo específico de baloncesto establecido no Real Decreto 234/2005, en catro grandes bloques: Formación do xogador, Adestramento en baloncesto, Táctica en baloncesto e Dirección de equipos de baloncesto; que cumpren con todos os contidos indicados na lexislación vixente.

.

O formato do curso é Semipresencial no que se desenvolve o currículo correspondente ao Nivel 3 en baloncesto, e estará conformado por un Bloque de Carácter Científico-Técnico-Xeral (común para todas as especialidades deportivas) e un Bloque Específico de Baloncesto, aos que hai que incluírlles o Período de Prácticas e o Proxecto Final.

.

O curso estará conformado por catro fases ou períodos que transcorren entre o 9 de abril de 2011 e o 31 de maio do 2012. Haberá unha fase a distancia, que se realiza por medio dun aula virtual on-line, correo electrónico e vía telefónica, outra fase presencial, que se realiza na cidade de Zaragoza entre os días 16 e 31 de xullo de 2011, unha fase de proxecto final e outra fase de prácticas.

.

Todas as preinscricións deberán ter entrada na FEB a través das Federacións Autonómicas, como último día, o 4 de abril do 2011, utilizándose para o rexistro de datos o modelo que se achega coa convoatoria oficial do curso. O día 6 de abril a Escola Nacional de Adestradores notificará aslistaxes dos alumnos admitidos para este curso, mediante as Federacións Autonómicas, o correo electrónico e a páxina web da FEB.