.
O Sénior Masculino Autonómico, Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, conseguiu a cuarta vitoria consecutiva nesta segunda volta da Liga FGB Sénior Masculina 2010/2011 ante o Xuven de Cambados no Pavillón Municipal de Navia.
.
O encontro ante o Xuven disputado no coliseum de Navia, correspondente á décimo quinta das xornadas da Liga FGB, comezou cun espectacular primeiro cuarto do equipo do Seis do Nadal Coia conseguindo un parcial de 28-7. A partir dese momento o equipo de Cambados cun constante traballo tanto defensivo coma ofensivo foise achegando no marcador ata alcanzar nos últimos minutos do encontro unha diferenza menor aos cinco puntos, diferenza que o noso equipo Sénior conseguiu manter a favor ata o final do encontro.
.
Unha vitoria importante a vitoria conseguida o pasado sábado en Navia (72-69). Por unha banda, o equipo conseguía a cuarta vitoria consecutiva neste inicio de segunda volta e, por outro lado, a vitoria consolida ao conxunto na cuarta posición da clasificación con dúas vitorias máis que o quinto clasificado e a dúas vitorias do Marín Peixegalego, terceiro clasificado.
.
.
O próximo encontro que xogará o Seis do Nadal - Coia será xustamente ante o Marín Peixegalego (Marín), combinado clasificado na terceira posición da competición cun balance de once partidos gañados e catro derrotas. O partido se disputará o próximo sábado 26 de febreiro do 2011 ás 20:00 horas no Polideportivo de Navia.
.
O Sénior Masculino Autonómico, adestrado e dirixido por César Álvarez, buscará conseguir esta importante vitoria, que sería a quinta vitoria consecutiva nesta segunda volta da e que lles achegaría aínda máis aos tres primeiros clasificados da competición.
.
A clasificación do Grupo Sur da Liga FGB Sénior Masculina despois da décimo quintaa xornada, onde o noso conxunto ocupa á cuarta posición, é a seguinte:
.