viernes, 25 de febrero de 2011

XOGADORAS DO C.B. SEIS DO NADAL ADESTRARÁN EN BAIONA COA PRESELECCIÓN GALEGA DE MINI

(Xogadoras do Alevín Feminino "A" do C.B. Seis do Nadal - Coia)

.

A provincia de Pontevedra acollerá este domingo unha nova concentración das Preseleccións Galegas de Minibásquet, equipos que se atopan moi preto de coñecer os seus últimos detalles da súa participación no Campionato de España desta categoría do 16 ao 20 de abril en San Fernando (Cádiz).

.

Os Concellos que centrarán a actividade destes combinados serán o de Baiona, no apartado feminino, e o de Cambados, no caso masculino. Nos pavillóns municipais de ambalas dúas as localidades levarán a cabo os seus adestramentos, nos que consolidarán todo o traballo que se veñe realizando ata o de agora en tódalas concentracións.

.

Ambas as preseleccións traballarán coa vista nos vindeiros días 7 e 8 de marzo, datas nas que participarán nun Torneo de preparación en terras asturianas. Pero, mentres ese intre non chega, continuarán coa súa habitual cadencia de sesións de adestramentos, en horario de mañá de 11:00 a 13:30 horas en cada unha das sedes escollidas.

..

As xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que formarán parte desta nova concentración da Preselección Galega de Minibásquet serán Marta Cabaleiro (1999) e Aída González (1999), xogadoras do Alevín Feminino "A", adestradas e dirixidas por Aalí Mohamed e Silvia Caíño; que adestrarán na localidade de Baiona o próximo domingo día 27 de febreiro.