.
A revista mensual "Tercer Tiempo" publicou no presente mes de febreiro (nº 286) unha reportaxe do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia sobre as Ligas Internas de Colexios Linco Linorsa 2011 da entidade que celebraron a súa presentación o pasado venres 28 de xaneiro do 2011.
.
"Como previa ás xornadas oficiais de competición, o Seis do Nadal - Coia celebrou no novo Pavillón de Navia un acto de confraternización e presentación oficial dos conxuntos. Unha "festa" da canastra, como as que ten a ben organizar o club, que contou coa presenza do concelleiro de Deportes de Vigo, Xabier Alonso", encargado de dar o "salto" inicial dos partidos amigables.
.
Agradecemos á revista "Terceiro Tempo" a publicación desta reportaxes no diario dixital e na revista mensual sobre o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e as Ligas Linco 2011.