viernes, 21 de enero de 2011

TRES XOGADORES INFANTÍS DO CLUB NO CENTRO DE TECNIFACIÓN DA DVB DE CATEGORÍA INFANTIL MASCULINA

.

A Federación Galega de Baloncesto, a través da súa área deportiva, continúa ampliando a rede dos seus Centros de Tecnificación para esta tempada 2010/2011.

.

A Delegación Viguesa de Baloncesto continuará a tarefa de tecnificación na categoría infantil masculina de primeiro ano coa dirección dos Responsables Técnicos correspondentes e coa colaboración de diferentes adestardores e adestradoras.

.

O segundo adestramento de categoría infantil masculina no Centro de Tecnificación de Vigo será o próximo domingo día 23 de xaneiro do 2011 ás 16:00 horas no Pavillón Municipal de Tui e ata as 17:30 horas.

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal Coia estará representado por tres xogadores. Borja Astray (1998), xogador do Infantil Masculino "A" adestrado e dirixido por Carlos Rodríguez, e Adrián Costas (1998) e Xabier Portas (1998), xogadores do Infantil Masculino "C", adestrados por Albert Tomas e Silvia Caíño; serán os tres xogadores que asistirán e participarán no novo Centro de Tecnificación de categoría infantil masculina da Delegación de Vigo.