martes, 18 de enero de 2011

DÚAS XOGADORAS ALEVÍNS DO CLUB CONVOCADAS COA PRESELECCIÓN GALEGA DE MINIBÁSQUET FEMININA

.

Recén chegado o ano 2011, a categoría minibásquet recolle o protagonismo no que ao apartado de Seleccións Autonómicas da Federación Galega de Baloncesto se refire.

.

Co Campionato de España xa a tres meses vista, con data de celebración fixada entre os días 16 e 20 de abril de 2011, o bloque de seleccionadores galegos desta categoría continúan executando os seus plans de traballo e, en virtude do mesmo, celebrarán esta fin de semana a súa cuarta concentración no que vai de tempada.

.

As dúas preseleccións galegas afrontan unha nova fase da súa programación, establecendo sendas convocatorias cun número lixeiramente reducido de xogadores e xogadoras que nas tres anteriores xornadas. Nesta ocasión, son 16 os xogadores de categoría masculina e 14 as rapazas en feminina citadas para reunirse en Carril (Vilagarcía) o próximo sábado día 22 de xaneiro do 2011.

.

Dúas deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia formarán parte da Preselección Galega de Minibásquet de categoría feminina que adestrarán en Carril. Marta Cabaleiro (1999) e Aída González (1999), xogadoras do equipo Alevín Feminino "A", adestradas por Aalí Mohamed e Silvia Caíño, traballarán no Pavillón do Instituto Carril (Carril) en horarios de 10:30 a 12:30 horas e de 16:00 a 17:30 horas.