viernes, 21 de enero de 2011

CINCO XOGADORAS DO CLUB NO CENTRO DE TECNIFICACIÓN DA DVB DE CATEGORÍA INFANTIL FEMININA

.

A Federación Galega de Baloncesto, a través da súa área deportiva, continúa ampliando a rede dos seus Centros de Tecnificación para esta tempada 2010/2011.

.

A Delegación Viguesa de Baloncesto continuará a tarefa de tecnificación na categoría infantil feminina de primeiro ano coa dirección dos Responsables Técnicos correspondentes e coa colaboración de diferentes adestardores e adestradoras.

.

O segundo adestramento de categoría infantil feminina no Centro de Tecnificación de Vigo será o próximo domingo día 23 de xaneiro do 2011 ás 16:00 horas no Pavillón Municipal de Tui e ata as 17:30 horas.

.

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estará ben representado por un quinteto de xogadoras. Maite Dubois (1998), Alicia Muñoz (1998), Ángela Rodríguez (1998) e Mª Carmen Rodríguez (1998), xogadoras do Infantil Feminino "A", adestradas e dirixidas por Óscar Belmonte e Vinca Rolán; e Antía Mallo (1998), integrante do Infantil Feminino "B" e adestrada por Beatriz Vaquero; serán as cinco xogadoras que asistirán e participarán no novo Centro de Tecnificación de categoría infantil feminina da Delegación de Vigo.