viernes, 21 de enero de 2011

SEIS XOGADORES DO CLUB NO CENTRO DE TECNIFICACIÓN DA DVB DE CATEGORÍA CADETE MASCULINA

.

.

A Federación Galega de Baloncesto, a través da súa área deportiva, continúa ampliando a rede dos seus Centros de Tecnificación para esta tempada 2010/2011.

.

A Delegación Viguesa de Baloncesto continuará a tarefa de tecnificación na categoría cadete masculina de primeiro ano coa dirección dos Responsables Técnicos correspondentes e coa colaboración de diferentes adestardores e adestradoras.

.

O segundo adestramento de categoría cadete masculina no Centro de Tecnificación de Vigo será o próximo domingo día 23 de xaneiro do 2011 ás 17:30 horas no Pavillón Municipal de Tui e ata as 19:00 horas.

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal Coia estará representado por seis xogadores. Lino Comesaña (1996), David Gómez (1998), Miguel González (1998), Gabriel Muñoz (1996) e José Paz (1996), xogadores do Cadete Masculino "C" e adestrados por Sergio González e Alicia Álvarez, e César Rodríguez (1997), xogador do grupo Infantil Masculino "A", adestrado por Carlos Rodríguez; serán os seis xogadores que asistirán e participarán no novo Centro de Tecnificación de categoría cadete masculina da Delegación de Vigo.