.
.
A Federación Galega de Baloncesto, a través da súa área deportiva, continúa organizando e ampliando a rede dos seus Centros de Tecnificación para esta tempada 2010/2011.
.
A Delegación Viguesa de Baloncesto continuará a tarefa de tecnificación na categoría cadete feminina de primeiro ano coa dirección dos seus Responsables Técnicos correspondentes e coa colaboración de diferentes adestardores e adestradoras.
.
O segundo dos adestramento de categoría cadete feminina no Centro de Tecnificación de Vigo será o próximo domingo día 23 de xaneiro do 2011 ás 17:30 horas no Pavillón Municipal de Tui e ata as 19:00 horas.
.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estará, neste novo adestramento, ben representado por sete deportistas: Andrea Alfaro (1996), Sara Araújo (1996), Sara Fernández (1996), Sara Diéguez (1996), Irea González (1996), Laura López (1996) e Andrea Muñoz (1996), todas xogadoras do Cadete Feminino, capitaneadas por Jorge Martínez, Pablo Sánchez e Ignacio Sánchez. Estas sete xogadoras da entidade asistirán e participarán no segundo Centro de Tecnificación de categoría cadete feminina da Delegación de Vigo.