.
A última das edicións da Liga Interna de Colexios LINCO - LINORSA 2010 supuxo un gran éxito para o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, xa que se cumpriron os obxectivos marcados para esta competición escolar superando tódalas expectativas sobre o número de participantes.
.
A mellora técnica e formativa de todos e cada un dos nenos e as nenas foi notable e púidose seguir venres tras venres nesta competición escolar que contou con 15 xornadas nas que se levaron a cabo en cada unha delas 6 encontros de categoría benxamín e outros 6 partidos de categoría alevín, tendo disputados preto de 200 partidos desde febreiro ata maio.
.
Tamén é de destacar o gratificante e satisfactorio que foi para a nosa entidade poder ver a tódolos familiares e amigos dos participantes animando e aplaudindo o esforzo dos xogadores e xogadoras sempre cun comportamento deportivo e admirable
.
Por estes motivos o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará por noveno ano consecutivo unha nova edición desta Liga Interna de Colexios (LINCO) que se desenvolverá no novo Pavillón Municipal de Navia tódolos venres, desde febreiro ata maio, de 16:15 a 18:00 horas.
.
Nesta nova edición da Liga LINCO - Linorsa 2011 organizada polo noso club participarán 9 Escolas Deportivas dirixidas e coordinadas polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que son as Escolas Deportivas dos colexios CEIP Seis do Nadal, CEIP Illas Cíes, CPI Celso Emilio Ferreiro, CEIP Dr. Fléming, CEIP Alfonso Rodríguez Castelao, CEIP Pintor Laxeiro e CEIP Javier Sensat; e as dúas Escolas Deportivas Municipais do Berbes e Balaídos; xuntando a preto de 200 nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.
.
A Liga LINCO - Linorsa 2011 conta un ano máis co apoio e patrocinio de Linorsa, empresa que apostou por esta Liga Escolar e polo deporte escolar do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desde xa fai máis de seis tempadas.
.
Esta Liga Interna de Colexios conta tamén coa colaboración de Coca-Cola e Larsa; e tamén ten o apoio e o refozo da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, o Instituto Municipal dos Deportes, a Fundación Vigo en Deporte (VIDE) e a Federación Galega de Baloncesto.
.
A Presentación Oficial da 9ª Liga LINCO - Linorsa 2011 terá lugar o próximo venres día 28 de xaneiro do 2011 a partir das 16:30 horas nos Pavillón Municipal de Navia, nun acto onde se presentarán ás Escolas Deportivas participantes no que será o pistoletazo de saída da competición interescoalr.