domingo, 23 de enero de 2011

2ª LIGA INTERNA DE COLEXIOS XL 2011 LIGA LINCO LINORSA XL 2011 DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL

.

Como novidade no pasado curso escolar 2009/2010 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, co apoio do Instituto Municipal dos Deportes e Linorsa, organizou a Primeira Edición da Liga Interna de Colexios LINCO - Linorsa XL que tivo lugar nos Baixos do Estadio Municipal de Balaídos cada dous venres de 18:00 a 19:00 horas, desde febreiro ata maio, na que se disputaron máis de 50 encontros.

.

Esta tempada 2010/2011 organizará a segunda edición da Liga LINCO - Linorsa XL 2011 na que participarán dúas Escolas Deportivas. A Escola Deportiva Municipal Balaídos e o o CD Alexándre Bóveda - Chapela serán as dúas Escolas que participarán nesta competición escolar dirixida a rapaces e rapazas de entre 13 e 16 anos.

.

Esta iniciativa deportiva xurdiu co obxectivo de ofrecerlle unha experiencia competitiva a tódolos rapaces e rapazas de entre 13 e 16 anos que militan nas Escolas Deportivas organizadas e adestradas polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

.

A Liga LINCO - Linorsa XL 2011 conta, ao igual que a 9ª Liga LINCO - Linorsa 2011, coa colaboración e respaldo constante de Coca-Cola e Larsa; e tamén ten o reforzo da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, a Fundación Vigo en Deporte (VIDE) e a Federación Galega de Baloncesto.

.

A Presentación Oficial da 2ª Liga LINCO - Linorsa XL 2011 terá lugar o próximo venres 28 de xaneiro do 2011 a partir das 16:30 horas no Pavillón Municipal de Navia, nun acto onde se presentarán ás Escolas Deportivas participantes no que será o pistoletazo de saída desta competición.