domingo, 5 de diciembre de 2010

XA ESTÁ DISPOÑIBLE O CALENDARIO DA LIGA ZONAL DVB INFANTIL FEMININA DIVISIÓN "A" 2010/2011

.

Despois do remate do Memorial Horacio Silva & Ico Tapias de categoría Infantil Feminina, xa está dispoñible o calendario da Liga Zonal DVB Infantil Feminina División "A" 2010/2011 da Delegación Viguesa de Baloncesto.

.

O noso conxunto Infantil Feminino "B", Seis do Nadal "B", adestrado e dirixido por Beatriz Vaquero, xogou o Memorial Horacio Silva & Ico Tapias Infantil Feminino 2010/2011, competición amistosa que se disputou de xeito paralelo á Fase de Clasificación á Liga FGB Infantil Feminina, ocupando a quinta posición da clasificación final.

.

.

O Seis do Nadal "B" competirá no Grupo "B" da Liga Zonal DVB Infantil Feminina División "A" xunto a Salesianos, C.B. Baiona "A", C.B. Airexa Nigrán "A", Embrujo Céltico Caixanova, Maristas Celta, C.B. Baiona "B" e Canteiras "B". O primeiro partido do noso equipo nesta competición zonal se disputará a próxima fin de semana do 11 e 12 de decembro ante C.B. Baiona "B" no Pavillón Municipal de Baiona. Pódese acceder ao calendario completo da Liga Zonal DVB Infantil Feminina División "A" pulsando aquí.