domingo, 5 de diciembre de 2010

XA ESTÁ DISPOÑIBLE O CALENDARIO DA LIGA ZONAL DVB INFANTIL MASCULINA DIVISIÓN "A" 2010/2011

.

Despois do remate do Memorial Horacio Silva & Ico Tapias de categoría Infantil Masculina, xa está dispoñible o calendario da Liga Zonal DVB Infantil Masculina División "A" 2010/2011 da Delegación Viguesa de Baloncesto.

.

.

O noso conxunto Infantil Masculino "C", Seis do Nadal "C", adestrado e dirixido por Albert Tomas e Silvia Caíño, participou no Memorial Horacio Silva & Ico Tapias Infantil Masculino 2010/2011, competición amistosa que se disputou de xeito paralelo á Fase de Clasificación á Liga FGB Infantil Masculina, ocupando a sétima posición da clasificación final.

.

.

O Seis do Nadal "C" competirá na Liga Zonal DVB Infantil Masculino División "A" xunto a Maristas "A", Canteiras "B" e C.B. Vigo A.M. O primeiro encontro do noso conxunto nesta competición zonal que se xogará a catro voltas, será contra o Canteiras "B" no Colexio Seis do Nadal a próxima fin de semana do 11 e 12 de decembro do 2010. Pódese acceder ao calendario completo de partidos da Liga Zonal DVB Infantil Masculina División "A" pulsando aquí.

.