domingo, 5 de diciembre de 2010

XA ESTÁ DISPOÑIBLE O CALENDARIO DA LIGA ZONAL DVB INFANTIL MASCULINA DIVISIÓN "B" 2010/2011

.

Despois do remate do Memorial Horacio Silva & Ico Tapias de categoría Infantil Masculina, xa está dispoñible o calendario da Liga Zonal DVB Infantil Masculina División "B" 2010/2011 da Delegación Viguesa de Baloncesto.

.

.

O noso conxunto Infantil Masculino "B", Seis do Nadal "B", capitaneado por Breixo Solla e Andrés Álvarez, participou no Memorial Horacio Silva & Ico Tapias Infantil Masculino, competición amistosa que se disputou de xeito paralelo á Fase de Clasificación á Liga FGB Infantil Masculina, ocupando a cuarta posición da clasificación final.

.

.

O Seis do Nadal "B" competirá no Grupo "B" da Liga Zonal DVB Infantil Masculino División "B" xunto a Maristas "B", Mariano, San José de la Guía, EDM Salceda / C.B. Caselas, Salesianos e C.B. Tui Seta. O primeiro partido do noso equipo nesta competición zonal, que se xogará a dobre volta, se disputou a pasada fin de semana do 27 e 28 de novembro ante Salesianos no Colexio Salesianos. Xa é posible acceder ao calendario completo de partidos do Grupo "B" da Liga Zonal DVB Infantil Masculina División "B" pulsando aquí.