domingo, 5 de diciembre de 2010

ANA ISABEL FERNÁNDEZ XOGARÁ O "TORNEO DAS SELECCIÓNS" DE ALLARIZ COA SELECCIÓN GALEGA

.

A Federación Galega de Baloncesto continuará esta ponte festiva co traballo das súas preseleccións galegas cadetes e infantís no escenario de diferentes torneos amigables. Estas intervencións finais resultarán decisivas para a configuración definitiva dos equipos que viaxarán en xaneiro a Córdoba para representar á comunidade galega no Campionato de España que se celebrará entre os días 3 e 9.

.

As catro preseleccións galegas afrontan no mes de decembro a súa recta final de traballo e para este propósito, e tendo aprobada a súa presenza en diferentes torneos durante esta ponte festiva, os catro bloques concentraranse de xeito previo este sábado día 4 de decembro, para posteriormente competir en Allariz, as femininas, e no País Vasco as masculinas.

.

O grupo de xogadoras convocadas da Preselección Galega Infantil Feminina, entre as cales podemos atopar a Ana Isabel Fernández (1997), xogadora do Infantil Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e adestrada por Óscar Belmonte e Vinca Rolán, concentraranse directamente en Allariz, o sábado 4 de decembro, e permanecerán na vila ourensá ata o día 8 onde xogarán o "Torneo de Seleccións".

.

A Preselección Galega Infantil Feminina terá a oportunidade de medir as súas forzas ante outros combinados autonómicos, tamén en fase de preparación para o campionato estatal. Os citados rivais serán as seleccións autonómicas de Castela León e País Vasco e o equipo cadete feminion do Pabellón Ourense, inmerso actualmente na fase regular da Liga FGB.

.

A orde concreta dos encontros dos combinados galegos, así como dos restantes enfrontamentos, que se disputarán todos eles no Pavillón Municipal de Allariz, é a seguinte:

.