domingo, 5 de diciembre de 2010

O C.B. SEIS DO NADAL PRESENTE NO INICIO DA "FIN DE SEMANA DA INTEGRACIÓN" DO CD AMFIV

.

As instalacións do Centro Comercial Gran Vía acolleron na tarde do pasado venres 3 de decembro do 2010, Día Mundial da Integración do Discapacitado, o gran inicio da "Fin de Semana da Integración", unha iniciativa promovida polo Aldasa Amfiv, equipo de baloncesto en cadeira de rodas da cidade de Vigo, para achegar este deporte a tódalas personas que durante a fin de semana se achegen ao recinto.

.

A inauguración da pista ubicada na segunda planta do Centro Comercial, xunto á entrada dos cines, contou coa presencia de xogadores do Vigo Rugby Club e do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, que non quixeron deixar pasar de largo a oportunidade de amosar a súa cara máis solidaria. Xunto aos deportistas do club e en representación do mesmo tamén asistiron á cita Mar Lago, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal; Francisca García, secretaria da entidade; e Sergio González, Director Deportivo do club.

.

Trala foto de rigor, pasaron polas cadeiras de rodas tódolos alí presentes para inaugurar unha gran iniciativa que continuará desenvolvéndose ao longo de toda a xornada do sábado e domingo, de 10:00 a 22:00 horas na segunda planta do Centro Comercial Gran Vía.

.

.

.

.