miércoles, 8 de diciembre de 2010

XA ESTÁN DISPOÑIBLES AS RIFAS DE NADAL DO C.B. SEIS DO NADAL - COIA

.

Esta tempada 2010/2011 o Club Baloncesto Seis do Nadal pon a disposición de tódolos seus membros Rifas de Nadal coas que gañar grandes premios.

.

Nestas Rifas de Nadal se sorteará unha comida ou cena con cocido como prato principal para catro persoas (dous adultos e dous menores). Ademáis tamén se sortearán catro entradas para un dos partidos a xogar no 2011 do Xacobeo Blu:Sens (Santiago de Compostela) e catro para o C.B. Breogán (Lugo), ambos equipos participantes na Adecco Leb Oro 2010/2011. Acompañarán a estes premios unha magnífica Cesta de Nadal para disfrutar nestas vacacións.

.

A Rifa de Nadal que coincida coas catro últimas cifras do número premiado no sorteo da Lotería Nacional de Nadal a celebrar o próximo 22 de decembro do 2010 conseguirá estes premios cedidos por Asador Casa Serodio, patrocinador do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia nesta campaña, e por Xacobeo Blu:Sens e C.B. Breogán, conxuntos ambos que militan na Adecco Leb Oro.

.

Todos aqueles interesados, socios, amigos e familiares que desexen facerse cunha Rifa de Nadal do C.B. Seis do Nadal poden poñerse en contacto coa entidade no número de móbil 627.516.980 ou nas pistas do Colexio Seis do Nadal durante as horas de adestramentos ou partidos.