domingo, 5 de diciembre de 2010

DÚAS XOGADORAS DO C.B. SEIS DO NADAL - COIA COA PRESELECCIÓN GALEGA DE MINIBÁSQUET

.

Tras unha primeira concentración das Preseleccións Galegas de Minibásquet o pasado 27 de novembro do 2010, a área deportiva da Federación Galega de Baloncesto quere continuar incrementando o ritmo do seu traballo cos máis novos e, así, estableceu unha concentración para o sábado 4 de decembro.

.

Baixo unha mesma estrutura coa que se traballou na primeira toma de contacto, os novos seleccionadores desta categoría convocaron a un amplo grupo de xogadores e xogadoras entre os que se atopan, nesta ocasión, dúas xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

.

As dúas xogadoras convocadas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia foron Marta Cabaleiro (1999) e Aída González (1999), xogadoras do Alevín Feminino "A", adestradas por Aalí Mohamed e Silvia Caíño, que traballaron no Pavillón do Instituto Carril (Carril) entre as 10:30 e as 13:15 horas.

.

Concentracións como as do pasado sábado empréganse para establecer tódalas bases das futuras Seleccións Galegas de Minibásquet, complementándose, á súa vez, co trabllo que a área deportiva da Federación Galega de Baloncesto está a levar a cabo a través dos seus Centros de Tecnificación.