.
.
.
.
.
.
O mércores día 29 de decembro do 2010 tivo lugar nas instalacións do Colexio Seis do Nadal e do Colexio Illas Cíes de Coia a terceira xornada do 6º Campus de Inverno 10 "Xornadas de Tecnificación" organizado un ano máis polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
.
Nesta terceira xornada os preto de 80 participantes puideron traballar sobre conceptos e fundamentos individuais centrados no ataque, como a mecánica de tiro, o dribling e o pase; e sobre fundamentos defensivos do baloncesto, especialmente a defensa ao xogador con balón.
.
Nesta terceira das xornadas da Sexta Edición do Campus de Inverno 2010 tódolos participantes tamén puideron traballar o perfeccionamento das accións motrices e físicas básicas do baloncesto, centradas no traballo de pes, da man de Pablo Sánchez, Preparador Físico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
.
Os adestradores/as e monitores/as do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia foron os encargados de impartir as sesións da terceira xornada do 6º Campus de Inverno 2010.












