.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
O martes día 28 de decembro do 2010 tivo lugar nas instalacións do Colexio Seis do Nadal e do Colexio Illas Cíes de Coia a segunda xornada do 6º Campus de Inverno 10 "Xornadas de Tecnificación" organizado un ano máis polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
.
Nesta segunda xornada os preto de 80 participantes puideron traballar sobre conceptos e fundamentos individuais centrados no ataque, continuando coas ideas desenovltas na primeira xornada, coma o dribling, as finalizacións, os pivotes, as fintas de recepcións e a mecánica de tiro.
.
Nesta segunda xornada da Sexta Edición do Campus de Inverno tódolos inscritos puideron traballar o perfeccionamento das accións motrices e físicas do baloncesto, centradas no traballo de pes, da man de Pablo Sánchez, Preparador Físico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
.
Os adestradores/as e monitores/as do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia foron os encargados de impartir as sesións da segunad das xornadas. Ademais asistiu ao campus Carlos Martínez, adestrador e coordinador do GD Gafanha (Portugal), quen compartiu os seus coñecementos con tódolos xogadores e xogadoras inscritos.
.
Tódolos xogadores e xogadoras do campus tamén puideron disfrutar da visita de Tamara Abalde, xogadora profesional da Liga Feminina e que xa conta cunha moi abultada carreira no baloncesto destacando, entre outras, a súa participación nos Xogos Olímpicos de Pekín coa Selección Española Absoluta Feminina e a experiencia de militar no equipo da Universidade de Lamar (NCAA). Tamara compartiu as súas experiencias con tódolos xogadores e xogadoras do campus, así como os seus coñecementos e aprendizaxes en diferentes sesións de tecnificación desta completa xornada.




















