.
.
.
.
.
O luns 27 de decembro do 2010 tivo lugar nas instalacións do Colexio Seis do Nadal e do Colexio Illas Cíes de Coia a primeira xornada do 6º Campus de Inverno 10 "Xornadas de Tecnificación" organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
.
Nesta primeira xornada os preto de 80 participantes puideron traballar sobre conceptos e fundamentos individuais centrados no ataque como as saídas, as paradas, o pase, o dribling, as finalizacións e a mecánica de tiro.
.
O obxectivo do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia nestas xornadas de tecnificación é o reforzo do traballo de técnica individual dos xogadores e xogadoras, fundamentalmente nas idades óptimas para a formación. A primeira das xornadas do campus arrancaba hoxe para os seis grupos que conforman a actividade, grupos que están conformados por deportistas de categoría benxamín ata categoría júnior.
.
Os adestradores/as e monitores/as do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia foron os encargados de impartir as sesións da primeira das xornadas. Ademais asistiu ao campus Carlos Martínez, adestrador e coordinador do GD Gafanha (Portugal), quen compartiu os seus coñecementos con tódolos xogadores e xogadoras inscritos.












