sábado, 25 de diciembre de 2010

ANA ISABEL FDEZ. COA SELECCIÓN GALEGA INFANTIL FEMININA NO III CUADRANGULAR DO NADAL EN LUGO

.

A Selección Galega Infantil Feminina da nosa Federación Galega de Baloncesto apura as súas últimas quendas de traballo antes de poñer rumbo a terras andaluzas o vindeiro día 3 de xaneiro do 2011 para a disputa do Campionato de España de Seleccións Autonómicas.

.

O grupo galego de categoría Infantil Feminina realizará unha concentración para perfilar os detalles de xogo que ofrecerá nos partidos de Córdoba no Campionato de España. Así, as doce xogadoras convocadas, entre as que se encontra Ana Isabel Fernández (1997), xogadora do Infantil Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e adestrada por Óscar Belmonte e Vinca Rolán, reuniranse en Lugo a partir do día 26 de decembro para participar, os días 27 e 28 no III Cuadrangular do Nadal - Baloncesto Feminino de Base.

.

O cuadrangular levará ata o Pazo Provincial da vila lucense encontros de categoría cadete, infantil e U20, cada unha delas contando co seu respectivo calendario. En categoría cadete competirá a Selección Galega Infantil Feminina, na que milita Ana Isabel Fernández, compartido grupo con rivais como Arxil, BF León, 6,25 Ponferrada, Mercedarias e o Ensino.

.

O calendario completo que terá a Selección Galega Infantil Feminina, así como o das restantes categorías que comprende o III Cuadrangular do Nadal pode consultarse a continuación:

.