jueves, 30 de diciembre de 2010

XOVES 30 DECEMBRO - 4ª XORNADA DO 6º CAMPUS DE INVERNO 2010 "XORNADAS DE TECNIFICACIÓN"

.

.

.

.

O xoves 30 de decembro do 2010 tivo lugar nas instalacións do Colexio Seis do Nadal e do Colexio Illas Cíes de Coia a cuarta e última xornada do 6º Campus de Inverno 10 "Xornadas de Tecnificación" organizado un ano máis polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

.

Nesta cuarta xornada os preto de 80 participantes puideron lembrar tódolos fundamentos traballados durante as xornadas anteriores, remarcando e perfeccionando os aspectos que son máis importantes de cada un deles.

.

Os adestradores/as e monitores/as do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia foron os encargados de impartir as sesións desta cuarta xornada do 6º Campus de Inverno 2010. Sergio González, Jorge Martínez, Aalí Mohamed, Breixo Solla, Silvia Caíño, Daniel Rodríguez e Andrea Silva conformaron o corpo técnico da cuarta xornada. Xunto a estes adestradores tamén participaron nas xornadas de tecnificación Carlos Rodríguez, David Rodríguez e Leticia Estévez, técnicos do club de Coia.