
.
Despois do sorteo do calendario celebrado a pasada tarde do luns 15 de novembro, xa está dispoñible o calendario da Liga FGB de categoría Cadete Feminina da Federación Galega de Baloncesto da presente tempada 2010/2011.
.
O calendario de xogo da Liga FGB Cadete Feminina que comezará a próximo fin de semana dos días 27 e 28 de novembro está xa dispoñible na páxina web da Federación Galega de Baloncesto (www.fegaba.com).
.
.
O equipo Cadete Feminino, Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, dirixido por Jorge Martínez, Pablo Sánchez e Ignacio Sánchez, participará na Liga FGB Cadete Feminina 2010/11, competición de ámbito autonómico, xunto aos conxuntos:
.
- PONTUMIO (Pontedeume)
- PABELLÓN OURENSE (Ourense)
- CELTA MARISTAS CAIXANOVA (Vigo)
- ARXIL "A" (Pontevedra)
- BCA MARISTAS (A Coruña)
- MERCEDARIAS HOTEL SUIZO (Ferrol)
- CÍA MARÍA VIGO (Vigo)
- ENSINO (Lugo)
- CARMELITAS SEOANE RODICIO (Ourense)
.
A primeira xornada da Liga FGB Cadete Feminina enfrontará ao noso equipo, Seis do Nadal - Coia, ante o Celta Maristas Caixanova (Vigo) na fin de semana do 27 e 28 de novembro do 2010. Pódese acceder ao calendario de xogo completo desta competición pulsando aquí.

