
.
O Sénior Masculino Autonómico, Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, se enfrontará na sexta xornada da Liga FGB Sénior Masculina 2010/2011 ao equipo La Rosaleda Obradoiro o próximo sábado día 20 de novembro do 2010.
.
O pasado sábado día 13 de novembro o Sénior Masculino Autonómico xogou no Pavillón de A Raña da vila de Marín ante o Marín Peixegalego na quinta xornada da Liga FGB Sénior Masculina 2010/2011.
.
Nunha primeira parte onde o conxunto do Seis do Nadal non conseguía adaptarse ao ritmo de partido e na que o equipo local anotaba con gran facilidade se chegou ao descanso cun marcador que reflexaba un 40-26. Na segunda parte cambiou a tónica do encontro e foi o equipo Seis do Nadal - Coia o que conseguía grandes vantaxes en ataque. Nun terceiro período cun parcial 10-13 se conseguía chegar ao cuarto período con posibilidades de loitar polo partido. Un excelente xogo ofensivo e unha sólida defensa no cuarto período fixo que o encontro chegara ao final do partido cunha gran igualdade, igualdade que rompeu o equipo local nos últimos segundos (74-70).
.
O próximo partido que xogará o Seis do Nadal - Coia será no Pavillón Municipal de Balaídos ante La Rosaleda Obradoiro, novo equipo desta tempada na Liga FGB Sénior Masculina e que ocupa a última posición da táboa cun balance actual de cinco encontros disputados e ningunha vitoria conseguida. O partido terá lugar o sábado día 20 de novembro ás 20:00 horas no Pavillón Municipal de Balaídos (Vigo).
.
A clasificación do Grupo Sur despois da quinta xornada da Liga FGB Sénior Masculina, onde o noso conxunto se sitúa na quinta posición, é a seguinte:
.

