
.
Despois do remate da Fase de Clasificación á Liga FGB Júnior Masculina e do Memorial Horacio Silva & Ico Tapias da mesma categoría, xa está dispoñible o calendario de partidos da Liga Zonal DVB Júnior Mascuilna da Delegación Viguesa de Baloncesto da presente tempada 2010/2011.
.
Na Liga Zonal DVB 2010/11 de categoría Júnior Masculina, competirám os equipos Seis do Nadal "A", dirixido por Sergio González, e Seis do Nadal "B", adestrado por Breixo Solla e David Fernández. Nesta competición haberá un único grupo no que competirán os equipos do Club Baloncesto Seis do Nadal xunto a Salesianos, C.B. Tui Seta, C.B. Baiona, C.B. Vigo A.M. "B", Canteiras "A" e C.B. Airexa Nigrán. Pódese acceder ao calendario de xogo da competición pulsando aquí.
.
.
O equipo Júnior Masculino "A", Seis do Nadal "A", participou na Fase de Clasificación á Liga FGB Júnior Masculina 2010/2011 ocupando a terceira posición da clasificación final. O noso equipo tivo un balance de dúas vitorias e dúas derrotas nos catro partidos disputados nesta primeira fase da tempada. A clasificación final desta Fase de Clasificación á Liga FGB Júnior Masculina foi:
.
.
.
O equipo Júnior Masculino "B", Seis do Nadal "B", disputou o Memorial Horacio Silva & Ico Tapias Júnior Masculino 2010/2011 rematando na terceira posición da competición. O balance do equipo foi dunha vitoria ante tres derrotas en catro partidos disputados. A clasificación final do Memorial Horacio Silva & Ico Tapias de categoría Júnior Masculina foi:
.




