domingo, 14 de noviembre de 2010

O CADETE FEMININO DO C.B. SEIS DO NADAL - COIA XOGARÁ A LIGA FGB CADETE FEMININA 2010/2011

.

PARTIDO DE VOLTA - CRUCE CLASIFICACIÓN LIGA FGB

.

SEIS DO NADAL - COIA 54

.

CALASANCIAS 35

.

O conxunto Cadete Feminino, Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e capitaneado por Jorge Martínez, Pablo Sánchez e Ignacio Sánchez, será un dos dez equips participantes na Liga FGB Cadete Feminina na presente tempada 2010/2011 despois de impoñerse (54-35) ao Calasancias de A Coruña no encontro de volta do Cruce de Clasificación.

.

No primeiro partido do cruce disputado en A Coruña, ao noso conxunto se lle escapaba a vitoria por seis puntos de diferenza (57-51) despois dun partido moi igualado. No partido de volta disputado o domingo 14 de novembro no Colexio Seis do Nadal e co obxectivo de superar ao Calasancias por máis de seis puntos, o Seis do Nadal - Coia conseguía unha ampla vitoria por 54-35 fruto dun excelente traballo e unha gran actitude.

.

Despois dunha gran primeira parte moi disputada e intensa o marcador reflexaba un 33-21, resultado que parecía comezar a inclinarse a favor do equipo locatario. No terceiro período o resultado mantía unha curta vantaxe para o Seis do Nadal Coia (37-26), sendo o cuarto período o que decidiría o combinado gañador do Cruce de Clasificación. E foi no último cuarto onde o conxunto vigués conseguía ampliar a vantaxe a máis de 20 puntos de diferenza froito dunha defensa moi intensa e do elevado acerto en ataque que deixou sen ideas ao combinado coruñés, para rematar o partido cun resultado final de 54-35.

.

O Cadete Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participará na Liga Galega FGB Cadete Feminina 2010/11 despois dunha excelente primeira parte da tempada. A nova competición de ámbito autonómico comezará a fin de semana do 27 e 28 de novembro do 2010 sendo o sorteo do calendario o luns 15 de novembro do 2010.