.
O equipo Infantil Feminino "A", Seis do Nadal "A", do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Óscar Belmonte e Vinca Rolán, será un dos dez combinados participantes na Liga FGB Infantil Feminina da presente tempada 2010/2011 despois de rematar na primeira posición do Grupo "B" do Torneo de Apertura da Liga FGB.
.
O balance final de vitorias e derrotas do Infantil Feminino "A" no Torneo de Apertura á Liga FGB Infantil Feminina 2010/2011 despois de seis partidos disputados foi de cinco vitorias, sendo a última ante o Pabellón Ourense (62-35) o pasado sábado 13 de novembro do 2010, e dunha derrota ante o Canteiras "A" por tres puntos de diferenza na terceira xornada. A clasificación final do Grupo "B" do Torneo de Apertura foi:
.
.
O equipo Infantil Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia xogará a Liga FGB Infantil Feminina 2010/11, competición de ámbito autonómico que comezará a fin de semana do 11 e 12 de decembro do 2010 sendo o sorteo do calendario de xogo o luns 29 de novembro do 2010 nos locais da Federación Galega de Baloncesto.


