domingo, 14 de noviembre de 2010

O INFANTIL MASCULINO "A" DO SEIS DO NADAL - COIA XOGARÁ A LIGA FGB INFANTIL MASCULINA 2010/2011

.

O equipo Infantil Masculino "A", Seis do Nadal "A", do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, capitaneado por Carlos Rodríguez, será un dos dez conxuntos participantes na Liga FGB Infantil Masculina 2010/2011 despois de finalizar na segunda posición do Grupo "A" do Torneo de Apertura da Liga FGB.

.

O balance final de vitorias e derrotas do Infantil Masculino "A" no Torneo de Apertura á Liga FGB Infantil Masculina 2010/11 despois de seis partidos disputados foi de catro vitorias, sendo a última ante o Marín Peixegalego (40-63) o pasado sábado 13 de novembro do 2010 na vila de Marín, e dúas derrotas ante o Coprisa B.C.A. e o Ferrol CB na primeira e quinta xornada respectivamente. A clasificación final do Grupo "A" do Torneo de Apertura foi:

.

.

O equipo Infantil Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia xogará a Liga FGB Infantil Masculina 2010/11, competición de ámbito autonómico que comezará a fin de semana do 11 e 12 de decembro do 2010 sendo o sorteo do calendario o luns día 29 de novembro do 2010 nos locais da Federación Galega de Baloncesto.