domingo, 14 de noviembre de 2010

OITO XOGADORAS DO CLUB DE NOVO NO CENTRO DE TECNIFICACIÓN DA DVB DE CATEGORÍA ALEVÍN FEMININA

.

.

A Federación Galega de Baloncesto continúa completando a súa intensa programación de actividades de tecnificación de categoría minibásquet nos Centros de Tecnificación no mes de novembro do 2010. Nesta liña, a fin de semana pasada do 13 e 14 de novembro se levou a cabo una xornada completa de traballo nas delegacións de Lugo, Ourense, A Coruña e Vigo.

.

A delegación de Vigo programou un Centro de Tecnificación (CETI) de réxime pechado que se levou a cabo na xornada do domingo 14 de novembro no Colexio Maristas, convocándose ás 16:00 horas as xogadoras do minibásquete feminino.

.

Nesta categoría alevín feminina, o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estivo representado por oito xogadoras. Ana Argüelles (1999), Marta Cabaleiro (1999), Gaila Comesaña (1999), Marta Espantoso (1999), Rebeca Figueirido (1999), Aída González (1999), Antía Pérez (1999) e a deportista do club Candela Seoane (1999), xogadoras do equipo Alevín Feminino "A", adestradas por Aalí Mohamed e Silvia Caíño, foron as xogadoras que asistiron e participaron no segundo Centro de Tecnificación de categoría alevín feminina da nosa Delegación Viguesa de Baloncesto.

.

Esta cita do pasado domingo 14 de novembro tratouse dunha nova quenda de traballo que completou, como un novo paso máis, a labor xa iniciada e reflectida na positiva experiencia levada a cabo o pasado día 30 de outubro, no primeiro Centro de Tecnificación da Delegación Viguesa de Baloncesto.