martes, 30 de noviembre de 2010

XA ESTÁ DISPOÑIBLE O CALENDARIO DE XOGO DA LIGA FGB DE CATEGORÍA INFANTIL FEMININA 10/11

.

Despois do sorteo do calendario celebrado a pasada tarde do luns 29 de novembro, xa está dispoñible o calendario da Liga FGB de categoría Infantil Feminina da Federación Galega de Baloncesto da presente tempada 2010/2011.

.

O calendario de partidos da Liga FGB Infantil Feminina que comezará a próximo fin de semana dos días 11 e 12 de decembro está xa dispoñible na páxina web da Federación Galega de Baloncesto (www.fegaba.com).

.

.

O equipo Infantil Feminino "A", Seis do Nadal "A", do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, dirixido por Óscar Belmonte e Vinca Rolán, xogará a Liga FGB Infantil Feminina 2010/11, competición de ámbito autonómico, xunto aos conxuntos:

.

- MERCEDARIAS HOTEL SUIZO (Ferrol)

- PELETEIRO (Santiago de Compostela)

- CÍA MARÍA VIGO "A" (Vigo)

- CORTEGADA CAIXANOVA (Vilagarcía de Arousa)

- CARMELITAS INGATEL (Ourense)

- ARXIL (Pontevedra)

- CANTEIRAS "A" (O Porriño)

- R.C. CELTA MARISTAS CAIXANOVA (Vigo)

- MARISTAS CORUÑA (A Coruña)

.

A primeira xornada da Liga FGB Infantil Feminina enfrontará ao noso equipo, Seis do Nadal "A", ante o combinado Maristas Coruña (A Coruña) na fin de semana do 11 e 12 de decembro do 2010. Pódese acceder ao calendario de xogo completo desta competición pulsando aquí.