
.
Despois do sorteo do calendario celebrado a pasada tarde do luns 29 de novembro, xa está dispoñible o calendario da Liga FGB de categoría Infantil Masculina da Federación Galega de Baloncesto da presente tempada 2010/2011.
.
O calendario de xogo da Liga FGB Infantil Masculina que comezará a próximo fin de semana dos días 11 e 12 de decembro está xa dispoñible na páxina web da Federación Galega de Baloncesto (www.fegaba.com).
.
.
O equipo Infantil Masculino "A", Seis do Nadal "A", do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, capitaneado e adestrado por Carlos Rodríguez, participará na Liga FGB Infantil Masculina 2010/2011, competición de ámbito autonómico, xunto a:
.
- ROSALÍA CASTRO (Santiago de Compostela)
- COPRISA B.C.A. (A Coruña)
- BAIONA (Baiona)
- FERROL CB (Ferrol)
- PREV. MARLLORQUINA SYA (A Coruña)
- COB SALESIANOS 97 (Ourense)
- B.B. PONTEVEDRA (Pontevedra)
- CANTEIRAS "A" (O Porriño)
- ESTUDIANTES LUGO LEYMA NATURA (Lugo)
.
A primeira xornada da Liga FGB Infantil Masculina cruzará ao Seis do Nadal "A" co Coprisa B.C.A. (A Coruña) na fin de semana do 11 e 12 de decembro do 2010. Pódese acceder ao calendario completo desta competición pulsando aquí.

